lunes, noviembre 14, 2005

Magosto para Agosto, q movida!


Xa chegou o inverno as ruelas de Compostela. Vai un frío q pa q e a xente pasa polas rúas encollidiña e coas máns no peto. O curso vai pasando das primeiras e relaxadas etapas ás presas pola entrega dos primeiros traballos. E eu continúo cavilando, vendo o tempo pasar dende a xanela do meu salón coma Omar Sharif na casiña conxelada de Doutor Zhivago. España é unha comedia esperpéntica, con sotanas nas manifas e republicanos na palestra; un prato deconstruído deses que fai outro bárbaro chamado Ferrán Adriá nos que os ingredientes non ligan pero o sabor é inesquecíbel. Continúo traballando na obra de teatro, as cousas van indo e non m falta de comer. Supoño que ninguén me escoita así que falarei con franqueza: eu apoio o Estatut, pero se alguén lee isto que saiba que tamén votei o PSOE (só pola cara dos populares).
Nacín neste planeta? En ocasións penso que as fotografías que hai de cando nacín, son unha montaxe e que realmente atoparonm os americanos despois de algún contacto extraterrestre. Sintome tan alonxado da sociedade na que vivo, síntome tan neno, tâo criançinha, que gustaríame poder camiñar pola rúa cantando sen que a xente se fixase. A soidade é unha das características do mundo no que vivimos, cadaquen vai con quen lle peta e logo imos os que preferimos respirar sen contrapuntos. Dicíalle á miña amiga e pintora María José Domínguez, Estamos reflexivos que no recíprocos, e díxenllo sen cavilar no certo que é. Eu síntome reflexivo, moi reflexivo, tanto que ás veces prefiro pasar o fin de semana alone na casa q ir visitar familia ou amigos. Vou revisar o meu Titán, fai tres meses que o rematei pero creo que precisa algunha pequena reparación para poder rodar polo mundo. Son caótico e desordeado, reduzo as palabras aos meus pequenos xogos e pensamentos, vexo o mundo e non sei o que fago aquí, cando poderei debuxalo firmamento na area?
A quen lea isto, perdón e un bico.