martes, enero 23, 2007

E dín que agora somos radicais. Manda truco!

Nestes últimos días, a incapacidade da nosa clase política privou á sociedade galega dun estatuto moderno á altura dos nosos tempos. Se na primeira etapa desta feble democracia o Estatuto galego equiparouse aos catalán e vasco pola natureza histórica da súa orixe, no 2006 un ollar baixo e apocado incapacitou ao lexislativo para asumir ese mesmo compromiso e asumir a natureza nacional da nosa terra, máis achegada a outro estado coma Portugal que á España unitaria castelá. O que a República asumiu por referéndum democrático acaba sendo vilipendiado pola democrácia otorgada polo rei borbón. En fin, nestas estamos mentres dende Madrid pretenden vender unha crise institucional implorada aos santos pola oposición "popular". Eu, visto o visto, afíliome a F.L.G.,



os tempos son chegados para o agro galego, chegou a hora de asumir a nosa identidade. Pero ¿Cómo imos asumir a nosa identidade se descoñecemos a nosa realidade? ¿Realmente a sociedade galega está no s. XXI? Lémbrome sempre da manida epístola paulina na que o cazador cazado falaba do home vello e o home novo, sen maior diferencia que a troca dunha polarización por outra. Eu manteño a miña preferencia polo home do XX por século terríbel que fora. As cousas son como son, é por se alguén o esqueceu, Youtube está aí para axudar. Desfruten da sesión.



Adicado á Diego, caranceiro e borrachín.

No hay comentarios: